O documento urbanístico que agora tes nas túas mans, foi
entregado aos grupos municipais polo Goberno Municipal co obxecto de que fose
revisado e estudado durante o mes de decembro e, se así o consideramos poderlle
facer achegas ou suxestións ao mesmo antes da súa aprobación inicial. Se tal
fixésemos, e o equipo redactor incluise as nosas achegas, o documento
resultante que iría a plenos para a devandita aprobación podería ser diferente
ao que agora estades vendo.
En todo caso, e unha vez aprobado inicialmente polo Pleno da
Corporación Municipal o novo PXOM, haberá
un período de dous meses de exposición pública para que todas as persoas que
queiran poidan facer alegacións en tempo e forma. Unha vez rematado ese tempo,
de novo o equipo redactor, procedería ao
estudo das alegacións presentadas e á incorporación daquelas que estime oportuno.
Rematada esta fase, o PXOM resultante será enviado á Xunta de Galicia, xunto cos
informes sectoriais preceptivos, para a súa aprobación definitiva e publicación
no DOG.
LUZ, TAQUÍGRAFOS E PARTICIPACIÓN
Seis
anos despois de que o primeiro goberno nacionalista da Historia de Gondomar
desfixera a madeixa urbanística do
Concello metendo o urbanismo municipal na senda da legalidade: delimitando
núcleos con garantías (e botados abaixo pola oposición) ou conseguindo máis de
225.000€ de subvención para a redacción dun novo PXOM, etc. Por fin o actual
goberno do PP, o pasado día 29 de novembro, fixo a entrega dunha copia do mesmo
aos grupos municipais.
Coidamos
que segue sendo o PXOM do PP e nace cun grave “pecado orixinal” que vén dos
tempos de Urgal e de Lis. Con todo, nós coma fixemos sempre, poremos por diante do interese partidario o interese xeral
e o ben común. Por iso ímolo estudar a fondo, enmendar se for caso e, sobre
todo, poñelo a disposición da cidadanía porque entendemos que
un documento tan importante debe ser coñecido dende o primeiro momento, e
porque os políticos non somos unha casta superior que deba ter máis privilexiso
que o resto da cidadanía. O debate urbanístico queda aberto!
Enlaces aos documentos do PXOM de Gondomar*:
- Memoria Xustificativa
- Estudo do Medio Rural
- Información Emprazamento
- Planos de Ordenación:
ÍNDICE DOS PLANOS DE ORDENACION DOS NÚCLEOS RURAIS
A11.- Vincios: A Pasaxe.
A12.- Vincios: A Fraga.
B08.- Vincios: Figueiró.
B09.- Vincios: O Salgueiro.
B10.- Vincios: A Rocha, Hervillás.
B11.- Vincios: A Fraga.
B12.- Vincios: A Fraga.
C09.- Vincios: O Salgueir, A Rocha.
C10.- Vincios: A
Rocha, Hervillás.
D08.- Vincios: Xian, A Cernada.
D09.- Vincios: A Cernada, Hervillás, A Serra.
D10.- Vincios: Hervillás, A Serra, Brandufe, Piñeiro.
E08.- Vincios: Xián, A Cernada.
E09.- Vincios: Brandufe, Os Arcos.
E10.- Vincios: Brandufe, Os Arcos.
F08.- Vincios: O Tumbio.
F09.- Vincios: O Tumbio, Os Casás.
F10.- Vincios: Os Casás.
G06.- Vilaza: Areiña.
G07.- Vilaza: As Tercias, O Barreiro, Lourido.
G08.- Vilaza: As Tercias, Barreiro.
Vincios: O
Tumbio.
G09.- Vincios: O Tumbio, Os Casás.
G10.- Vincios: Os Casás.
H06.- Vilaza: Areiña.
H06.- Vilaza: Areiña, As Vendas.
H07.- Vilaza: Lourido, O Barreiro, A Rochela, Carrasquedo.
H08.- Chaín: Paraboa.
H09.- Chaín: Regodagua.
I05.- Vilaza: Vilarés, Fontenta.
I06.- Vilaza: Igrexa, O Portelo, Pampillón, Fontela.
I07.- Vilaza: Carrasquedo.
Chaín: A
Rochela, A Mourisca.
I08.- Chaín: A Mourisca, Paraboa, O Pedrouco, O Loureiro,
Igrexa, O Castelo.
I09.- Chaín: O Castelo, Regodagua, Pintor.
Morgadáns: Batizosa.
I10.- Morgadáns: A Batizosa.
I12-I13.- Morgadáns: Vilas.
J01.- Borreiros: Esparela.
J05.- Mañufe: Penalba, Fontán, A Texosa.
J06.- Vilaza: Fontenla, O Portelo, O Bravo.
J07.- Gondomar: O Picoto.
Chaín: A
Mourisca.
J08.- Chaín: O Pedrouco, O Loureiro, Zapa, O Abelar, Igrexa.
J09.- Chaín: Pintor, O Fouco.
Morgadáns: Os
Padróns, Gulfar, S. Roque, Viñó.
J10.- Morgadáns: A Batizosa, Os Padróns, Guillufe, O
Picouso, Viñó, S. Roque, Abelosa.
J11-J12.- Morgadáns: Vilas
K01.- Borreiros: A Esparela, O Castro, O Cruceiro.
K02.- Borreiros: A Xunqueira, O Telleiro, O Burgovedro, A
Xunqueira.
K03.- Donas: O Telleiro, A Estrada, A Barga.
K04.- Donas: O Rapadouro.
K05.- Mañufe: O Lameiro, O Verdeal, Moreira, Campo das
Bestas, A Ponte, A Texosa.
K06.- Mañufe: Campo das Bestas, Fontán.
K07.- Gondomar: O Cotro, Toucido, Áspera.
K08.- Gondomar: Toucido.
Chaín: A
Torre, Zapa.
K09.- Chaín: A Torre.
Morgadáns:
Xende, Hervillas, S.Roque.
K10.- Morgadáns: S. Roque, Abelosa, Baralla, A Pedra, O
Lago.
K11.- Morgadáns: A Pedra, O Lago, Camiño Branco.
K12.- Morgadáns: Vilas.
L01.- Borreiros: O Castro, A Esparela, Cruceiro, A Balada.
L02.- Borreiros: S. Martiño, O telleiro,, A Tomada.
L03.- Donas: A Barga, Sobreiro, As Barreiras, A Estrada, A
Miranda.
L04.- Donas: Areosa, A Barga.
Mañufe:
Galisteo, Rapadouro.
L05.- Mañufe: Moreira, Cristillón, Galisteo, A Goldra, O
Verdeal.
L06.- Mañufe: Pousada.
L07.- Gondomar: Toucido, Sequeiros, Áspera.
L08.- Gondomar: Toucido.
Peitieiros:
Amados, Piñeiro, Muiños Novos.
Chaín: A
Torre.
L09.- Peitieiros: Muiños Novos, Peroleira.
L10.- Morgadáns: Entreviñas, Carballás, Gonda, A Pedra.
L11.- Morgadáns: O Lago, Gonda, Entreviñas, Carballas.
L13-L14.- Morgadáns: Prado.
LL1.- Borreiros: A Balada, Monteiro.
LL2.- Borreiros: S. Martiño, O Aciquelo.
LL3.- Donas: Cruceiro, Alcoucer, A Barcalla, A Nogueira, O
Souto, O Mosteiro.
LL4.- Donas: Areosa, O Souto.
Mañufe:
Galisteo, S. Sebastián.
LL5.- Mañufe: Galisteo, A Goldra, Cristillón, Piquetes, S.
Brais, Seidóns.
LL6.- Mañufe: Piquetes, Seidóns.
Gondomar: A
Estrada, Randufe, Bade, Antime.
LL7.- Gondomar: Sequeirós, Bade, Caxide, A Raposeira, Rasas,
Martín.
LL8.- Gondomar: Rasas.
Peitieiros:
Os Amados, Piñeiro, O Barreiro..
LL9.- Peitieiros: Gándara, Peroleira, O Barreiro.
LL10.- Peitieiros: Peroleira, A Fonte.
LL11.- Morgadáns: Carballás.
LL13.- Morgadáns: Prado, Murxido.
LL14.- Morgadáns: Prado.
M01.- Borreiros: Monteiro, Lousado.
M02.- Borreiros: Lousado.
M03.- Donas: A Barcalla, Mosteiro, O Pereiro.
M04.- Donas: O Souto, O Pereiro, Mosteiro.
Mañufe: A
Sequiña.
M05.- Mañufe: S. André, O Barco, A Costa, Seidóns, A
Sequiña.
M06.- Mañufe: A Costa, Seidóns.
Gondomar:
Antime, A Estrada, Randufe.
M07.- Gondomar: Rasas, A Raposeira, Bade, Randufe.
M08.- Gondomar: Rasas.
M09.- Peitieiros: Gándara.
M10.- Peitieiros: Gándara, Area, A Fonte.
M13.- Morgadáns: Murxido.
M14.- Morgadáns: Prado.
N01.- Borreiros: Guntín, Lousado.
N02.- Donas: Sermán.
N03.- Donas: Mosteiro, O Pereiro, Sermán.
N04.- Donas: O Pereiro.
Mañufe:
Nande, S. André.
N05.- Mañufe: Nande, S. André.
N09.- Peitieiros: A Gándara.
N10.- Peitieiros: A Gándara, A Fonte.
Ñ01.- Borreiros: A Bandeira, Guntín.
Ñ02-Ñ08.- Donas: Sermán.
Ñ09.- Couso: Boucía, Terra do Rei, As Bandeiriñas.
O01.- Borreiros: As Regadas.
O02.- Borreiros: As Regadas, Oliveira.
Donas: S.
Cibrán.
O03.- Donas: S. Cibrán, Estripeiro.
O08.- Couso: Bastida, A Feira.
O09.- Couso: As Vacarías, Boucía, Bastida, Fonteiriñas.
P02.- Borreiros: Oliveira.
Donas: S.
Cibrán.
P03.- Donas: S. Cibrán.
P04-P05.- Mañufe: A Portavedra.
P07.- Couso: A Torre.
P08.- Couso: O Lugar, A Torre.
Q02.- Donas: Abrollido.
Q03.- Donas: S. Cibrán.
Q05.- Mañufe. A Portavedra.
Q07-Q08.- Couso: A Torre.
Q09.- Couso: A Fraga.
R08.- Couso: A Torre, A POrtela.
R09.- Couso: A Fraga.
S08.- Couso: A Portela.
No me interesa nada el nacionalismo, pero he de reconocer que la labor de transparencia que desarrolláis es importante, máxime en los tiempos que corren.
ResponderEliminarGracias
Noraboa pola web e gracias por informar, un saúdo
ResponderEliminar