sábado, 29 de dezembro de 2012

Axendas

Mentres o Concello está sometido a un Plan de Axuste, ata o 2022, por mor do préstamo de 1,7 millóns de euros que o goberno municipal tivo que pedir para o pago a proveedores.
 Mentres o Sr. Guitián pagou no ano 2012 máis de 2 millóns de euros de gastos con informes desfavorables da Intervención Municipal.
Mentres o Goberno Municipal perdeu 1 millón de euros en subvencións concedidas por falla de xestión e tramitación.
Mentres non hai cartos para comedores escolares, emerxencia social, becas ou axudas para material escolar.
Mentres nos orzamentos do 2012 houbo unha reducción do investimento municipal de preto do 90%.
Mentres todo esto ocorre, o Sr.Guitian segue na súa carreira cara ao despilfarro e o descontrol do gasto público. Hai agora o 1 ano o Sr.Guitian ordenou a compra de axendas para agasallo. A broma custoulle ao erario público 1.300 €. O Grupo nacionalista devolveu as axendas e denunciou publicamente a súa compra innecesaria. Este ano, o Sr.Guitian volve a realizar este gasto absurdo e inutil e que lle vai custar á economía do Concello 1.570 €. Resulta unha broma de mal gusto que un Concello como o de Gondomar coas graves deficiencias de todo tipo que ten, con máis de 1.500 parados, coa suba do IBI, do recibo da auga e instauración da taxa do lixo a partir do 1 de xaneiro de 2013, e co mantra do PP de que hai que reducir gasto público, o Sr.Gutián despilfarre 1.570 € na compra de axendas para regalo. Por certo outro estupendo negocio entre amiguetes por conta e a conta do diñeiro público. Veremos con que cara o Sr.Guitian négalle a un veciño unha prestación coa escusa de que non hai cartos.

quarta-feira, 19 de dezembro de 2012

Anova do Val Miñor a favor do Consumo Responsábel e de Proximidade

ANOVA do Val Miñor vén de iniciar unha campaña a prol de protexer o pequeno comercio e a produción local, solicitando da veciñanza do Val Miñor que pense ben o que compra e a quen llo compra. Para iso propoñemos que as compras do Nadal, para as celebracións familiares ou os agasallos, sexan mercados en pequeñas empresas e comercios tradicionais; a traballador@s autónomos, a artesáns da nosa Comarca, ou a agricultores que venden a súa propia produción, etc. Esta pode ser unha alternativa para sairmos da crise social provocada polos bancos e as grandes corporaciòns multinacionais, facendo que o diñeiro chegue directamente ás persoas máis próximas. Hoxe sabemos que por cada emprego nunha grande superficie pérdense seis no comercio tradicional da súa área de influencia.

Por outra banda e a maiores disto tamén pedimos que cando vaiamos pagar, na medida do posible, paguemos en metálico, evitando o beneficio de bancos e corporacións financeiras por seren os causantes da crise e porque debido ás abusivas comisións que cobran seguen a engordar a nosa conta.

Por último dicir que esta campaña que ANOVA leva adiante no Val Miñor, consiste no reparto polos comercios da Comarca de máis 1000 cartaces apoiando a compra no pequeno comercio, máis de 4000 folletos explicando o porqué desta campaña e 3000 adhesivos solicitando o mesmo, nas Redes Sociais, etc. Asemade, queremos manifestar o apoio mostrado polo comercio miñorano por esta campaña, o que nos fai pensar que foi acertada defender un sector que está sendo castigado con dureza pola actual crise e polas poucas axudas dos gobernos do PP, ben sexan do Estado, da Xunta ou dos propios Concellos do Miñor.

Por Outra Saía da Crise



sexta-feira, 14 de dezembro de 2012

Os Recortes e as Privatizacións Matan

A morte dunha percebeira en Sta. Mª de Oia pola falta de auxilio do helicóptero Pesca I, con base no Aeroporto de Peinador, ao tardar este 40 minutos en chegar ao sitio do accidente, vén a deixar moi ás claras as consecuencias dos recorte e das privatizacións de servizos públicos básicos nun país mariñeiro coma o noso.

Agora pode aforrar o Sr. Feijoo as declaracións grandilocuentes e os anuncios de que se investigarán as causas deste fallo, ou a creación de comisións de investigación que para o único que serven é para encerellar o asunto e que ao final ninguén asuma responsabilidades.

Queda claro que se o servizo de salvamento non estivese privatizado e o persoal do mesmo fixese as guardas na base, hoxe non estaríamos lamentando a morte dunha muller traballora na nosa Comarca.

Dende a Coordinadora Comarcal do Val Miñor-Oia de ANOVA, preguntámonos cantas mortes máis precisará o Sr. Presidente da Xunta e o PP para restablecer o servizo de salvamento marítimo con garantías para as persoas que traballan no mar. Asemade, aprobeitamos para informar á opinión pública, que apartires de xaneiro o servizo do GRUMIR que xestiona a Mancomunidade do Val Miñor, volverá a estar baixo mínimos (polo fin de contrato dos efectivos non fixos) e polo tanto na práctica con case nula capacidade operativa.

Dende ANOVA esiximos un GRUMIR operativo todo ano, que poida atender e axudar, incluso en situacións semellantes á acontecida en Oia. Por todo isto esiximos a dimisión da Conselleira do Mar, responsable en grande medida de permitir a privatización do servizo de salvamento así como de outros que teñen que ver con situación de emerxencias en tera: extición de lunes, etc. E por último, solicitamos publicamente a actuación da Fiscalía para que os responsables directos , políticos ou non desta actuación, teñan que responder perante a Xustiza.

Coches Avariados

A policía Local estivo durante máis de tres meses funcionando cun coche de  “camuflaxe”, coche sen ningún tipo de distintivo da Policía Local, ilegalidade evidente, perigo para os axentes derivado da falla de identificación do coche no que patrullan. POLICIA LOCAL.

Denunciado este feito e despois de ter desperdiciado a ocasión para conseguir un de balde, a través da Xunta de Galicia, o Sr. Alcalde decidiu mercar un polo procedemento de renting. Con Informe contrario de Intervención xa que dita adxudicación foi feita por adxudicación directa, procedemento totalmente prohibido pola Lei de Contratos do Sector Público. O prezo deste contrato foi de 56.640, en 48 pagos. Hoxe o coche da Policía esta dende hai unha semana estropeado, a empresa de renting non puxo en coche de substitución a disposición do Concello e a Policía Local, anda cun antigo coche de Concello, cunha simple pegatina identificativa na porta lateral dianteira. Vamos, un coche de “semicamuflaxe”, depende de por onde o mires o identificas ou non cun coche da Policía Local.

De novo a inseguridade tanto para os axentes como para os cidadáns. Hai menos de 1 mes o Concello procedeu a pór en circulación previo pago de dous coches para Vías e Obras. O informado pola Intervención do Concello resumiase en: merca de coches sen garantía de concurrencia, sen procedemento algún, sen acreditar a empresa a habilitación profesional necesaria, con ausencia e irregularidades no proceso de contratación e sen control da legalidade das condicións da merca dos dous vehículos. O Sr. Alcalde pretende a tramitación urxente do expediente para o pago da factura sen que exista fundamentación ou xustificación algunha para este trámite preferente que transgrede a Lei 30/92 de Procedemento administrativo común.

Se ademais temos en conta as características dos vehículos mercados: un todo terreo do ano 2003 que é o que costou 12.000€ e unha furgoneta Combo 1007 diessel do ano 2005 que costou uns 3.150 €. Se temos en conta que estes coches non teñen ese valor e como dato a salientar que o todo terreo o ano que vén terá 10 anos e hai que pasarlle a ITV cada 6 meses, é dicir aos 10 anos os vehículos industriais perden o seu valor.

Os coches mercáronse entre xuño/xullo e dende entón estiveron parados. O 26 de outubro prodúcese o levantamento por parte do Sr.Guitián do reparo ao pago feito pola intervención do Concello, e días despois póñense a disposición do Servizo de Obras do Concello. Agora sabemos o porqué da tramitación urxente para o pago ordenada polo Sr. Guitian, había que pagar os coches antes de que deixaran de funcionar. Nesta semana a un deles (a furgoneta Combo 1007 Diesel) tivo que vir un guindastre a levalo ao taller. Menos dun mes de servizo e xa ten que afrontar a súa primeira avaría. Tiña algún tipo de garantía postvenda o vehículo agora avariado? Exercerá o goberno municipal algunha acción por esta causa? Ou todo vai quedar noutro negocio redondo para algúns a costa e por conta das arcas municipais do Concello de Gondomar.

Medo da pensar o custe do paso pola ITV destes vehículos cada 6 meses no ano 2013. Outro exemplo máis da racionalidade e control do gasto público por parte dun goberno que acaba de subirse o salario no pasado Pleno do día 3. O goberno do Sr.Gutián, un diaño sobre rodas para a economía do despilfarro do Concello.

domingo, 2 de dezembro de 2012

Nota de Prensa

O pasado día 13 de setembro, o Pleno da Corporación municipal, aprobou a reducción das Retribucións totais do persoal corporativo con adicacións e das asignacións por asistenza a órganos colexiados.
Os motivos aducidos polo goberno municipal foron: que ante a actual coxuntura económica e a necesidade de reducir o déficit público, “O grupo de Goberno de Gondomar adopta unha decisión que avance na optimización e uso eficiente dos recursos públicos, tratando de trasladar o menor impacto aos cidadáns que a actividade política poida xerar”
Lembraba tamén o goberno municipal de Gondomar que as medidas propostas tiñan caracter temporal soamente motivadas polas circunstancias excepcionais como as actuais, “quedando supeditada a súa vixencia á permanencia do difícil contexto económico actual, que afecta á sostenibilidade das contas públicas”.
As boas intencións duraron menos de tres meses. Pasados so tres meses dende a adopción desta medida, o goberno municipal de Gondomar decide deixala sen efecto e levará ao próximo Pleno do día 5 de decembro, a restitución das retribucións totais do persoal corporativo con adicación (lembremos que neste goberno de 9, 6 cobran adicacións: Alcalde Sr.Guitian, Tenente de Alcalde e concelleira de economía Sra.Salgueiro, Concelleiro de Obras Sr.Salgueiro, Concelleiro de Urbanismo Sr.Lameiro, Concelleiro de Servizos Sr.Camesella e Concelleira de Educación Sra. Bouzos.
E esta medida fana con ocultación e alevosía xa que a proposta da Alcaldía que levan a Pleno ten por título: “Proposta  da Alcaldía sobre retribucións das asignacións por asistenza a órganos colexiados da Corporación”. Por ningún lado aparece a restitución das adicacións do goberno municipal que logo si aparecen no texto da Proposta.
Pasadas as eleccións ao Parlamento de Galiza xa non hai que seguir co paripé.
Mentres para a OCDE o ano 2013 será peor que o 2012, cunha taxa de parados que superará os 6 millóns de persoas, cunha forte caída do PIB e un incumprimento do déficit e un aumento da débeda.
Mentres seguen os desafiuzamentos, os recortes en ensino, servizos sociais e dependencia e as privatizacións en sanidade.
Mentres os axustes e recortes son cada vez máis duros,  para Goberno municipal do PP xa pasou a crise. Dixo Feijoo que a saída da crise empezaría por Galiza, agora sabemos onde, en Gondomar.
Con esta medida o goberno municipal da a xusta medida da súa altura política e ética pública e do seu compromiso e solidariedade coa cidadanía.
Esta proposta é unha burla e unha estafa á cidadanía que non se debe consentir. O grupo Municipal Nacionalista votará en contra desta proposta da Alcaldía e anima aos veciños e veciñas de Gondomar a que manifesten o seu malestar e indignación a través da web do Concello deGondomar. Podemos e debemos paralos.

Charla-Coloquio sobre Finanzas Éticas en Gondomar